Libro: Os arquivos secretos de Escarlatina
Autor: Ledicia Costas
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
Editor: Xerais (Nov 24, 2017)
Idioma: Galego
Podes mercarlo en calquera libraría ou en:
A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina?
Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no
Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son
moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. "Os
arquivos secretos de Escarlatina" é un libro para mentes curiosas. Unha
obra onde a escritora e mais o ilustrador interactúan co público.
Receitas terroríficas, un espectáculo de circo e diversos contidos extra
reunidos nun volume pensado, ademais de para ler, para xogar e afondar
no universo de Escarlatina, a cociñeira defunta.