11.4.16

I Libro Xigante

O sábado 2 de Abril de 2016 celebramos a primeira festa do Libro Xigante. Unha actividade que durou todo o día, enmarcada nas actividades do XVII Salón do Libro infantil e Xuvenil de Pontevedra (Non Pazo da Cultura de Pontevedra).
Este I Libro Xigante, dirixido por Víctor Rivas e coordinado por Esther Vázquez, contou coa colaboración como ilustradores de : Aida Alonso, Michel Casado, Inés Casarejos, Laura Comesaña, Molita, Samagarú, Zirta. Como corrector de galego: Charlie Casado e como axudantes e rotulistas: Marta Rivas e Paula García.
Colaboraron Edicións Xerais de Galicia e o grupo de ilustradores de Pontevedra Inkelarre!
Podeis ver o libro fisicamente no Salon do Libro de Pontevedra ata o 23 de Abril. E velo virtualmente no albúm de fotos de Facebook

 
O Libro Xigante nacéu dunha das máis gratas experiencias da miña vida como ilustrador, La Festa del Llibre Xegant d' Alpicat, organizado por Marçal Abella. Nenos, ilustradores, pintores e a xente da vila participaban xuntos nunha festa da cultura e o arte que remataba nunha boa cea, irmandade e charlas ata a noite.
Grazas, Marçal Abella por arrastrarme á perdición 

  
O libro xigante exposto no Salón do Libro

Na entrega do Libro ó Salón, coa Concellala de Cultura Anxos Riveiro.


No hay comentarios: