Escarlatina, a cociñeira defunta

http://www.xerais.es/libro.php?id=3591495
Libro: Escarlatina, a cociñeira defunta.
Autor: Ledicia Costas
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
Editor: Xerais
Idioma: Galego

(1ed setembro 2014 /2ed novembro 2014/ 3ed febreiro, 2015 / 4ed abril 2015 / 5ed outubro, 2015/ 6ed xaneiro, 2016 / 7ed. febreiro, 2016)
Puedes comprarlo

3ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 -
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -
Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - 
Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014
Premio Nacional de Literatura, 2015
Lista de honra del IBBY, 2016

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Descarga pdf lectura
más imagenes de Escarlatina aquí

Comentarios