14.7.21

Anacos da Vida con Joam J. Romero-Porto

 


Déixovos coas palabras de Joám J. Romero-Porto Durán sobre Anacos da Vida. Unha visión acaida que atravesa os meus debuxos e a miña propia alma. Mil grazas, compañeiro!! ☺️
A arte útil
de Joám J. Romero-Porto Durán
A creación artística abriga algo máxico que entendemos sen identificar, e que transcende os límites da nosa ilusión. O seu produto abrolla e permanece na medida en que serve, consciente ou inconscientemente a sociedade. Un día, o noso autor decidiu entregarse ás cousas do espírito e a arte. Temos sorte, souben elixir ben. A súa traxectoria así o demostra. El contribúe a nos sacudir o letargo cotián e interromper a rutina burócrata que esclerotiza o fluír da nosa cultura.
Unha sociedade que menosprecia a súa arte e cultura está a hipotecar o seu futuro. Ética e estética son dimensións da mesma realidade. O artista, como intelectual, está na vangarda do progreso espiritual da sociedade e a súa arte é expresión dos nosos temores, soños, pensamentos e anhelos, aínda que no presente o artista tamén se pensa impelido a trabar unha batalla na procura do equilibrio entre a liberdade creativa e a voraz predación mercantil.
En Anacos da vida Víctor ilústranos sinteticamente sobre aspectos da nosa cultura popular que dificilmente poden ser evocados con tal nivel de aproximación de forma escrita. É a clase de arte que este vello País necesita. Identifica, representa, escenifica, detalla, significa, ilustra e valoriza o que fomos e somos, colaborando para recuperar a nosa autoestima como pobo. Desvela e aviva elementos latentes, mais non revelados, da nosa tradición cultural, reverdecendo a nosa esperanza porque precisamos irrigar raíces para que poidamos resistir e garantir unha nova renacenza.
De feito, estamos ante un autor que non agarda impasíbel ante a realidade que o circunda. Dou testemuño do seu envolvemento desinteresado no seu contorno social e cultural. Un compromiso que o categoriza como un verdaderiro intelectual, porque participa da realidade que protagoniza a súa obra, fuxindo da banal pasividade contemplativa. Debedor da mellor tradición da ilustración galega, que un leigo coma min liga directamente con vultos patrios como Castelao, tece un fío entre a vida de noutrora e o noso presente, axudando a combater os valores que nos separan, individualizan, e nos fan reféns do medo e a derrota nesta verdadeira crise civilizadora, tempo de rendición ante os altares da fatuidade, ante os que se sacrifica calquera propósito de permanencia.
Celebramos nestas páxinas unha contribución ao acervo cultural humano, desta parcela do mundo á que chamamos Galiza. Grazas por un libro meigo que confirma unha vez máis a Víctor como un auténtico Poeta da Ilustración.
 
Viascón, 31 de xaneiro de 2021

12.7.21

Anacos da Vida

 

Libro: Anacos da Vida
Ilustración portada e interiores y autor del texto: Víctor Rivas
Editor: Editorial Galaxia (12/07/2021)
Idioma: Galego
Libro ilustrado de poesía

A obra expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural,

a súa vida e tradicións, cunha ollada esperanzada e positiva dende a perspectiva do pasado recente.

Os seus debuxos, de liña estética sintética e clara, poñen o acento nas expresións e situacións cotiás, pero sempre fuxindo dos escenarios de “postal típica”. Acompañándoos de pequenos textos a modo de sinxelas cantigas populares, consegue un característico toque  de retranca, con chiscos humorísticos e de fantasía.

 

Rivas, Víctor
(Pontevedra, 1965) Ilustrador, comunicador visual e autor. Tras un comenzo profesional coma deseñador gráfico e autor de BD, na década dos 90 comeza facer traballos de ilustración de libro de texto para varias editoriais galegas. Despóis de dar o chimpo  ao mercado nacional e algún encargo para o extranxeiro xa ilustrando novela infantil no ano 2008 acada representantes para todo o mundo a través dunha axencia de Nova York. Desde este ano e ata a actualidade compaxina traballos de ilustración e BD para editoriais tanto galegas, españolas einternacionais principalmente no ámbito da LIX. Anacos da Vida é o seu primer libro como ilustrador e escritor, tamén un dos primeiros para público adulto. 

Podes mercarlo en la web de Editorial Galaxia en este ligazón https://editorialgalaxia.gal/produto/anacos-da-vida/ 

Tambén en cualquer libraría da túa ciudade

O en mí páxina web  con dedicatoria dibujada e personal en este ligazón https://victorrivas.bigcartel.com/product/libro-dedicado-anacos-da-vida





 




Venta de lámina en victorrivas.bigcartel.com

6.7.21

A Witchcraft Mystery #11 Synchronized Sorcery

 

Libro: A Witchcraft Mystery #11 Synchronized Sorcery
Autor: Juliet Blackwell
Ilustración portada: Víctor Rivas
Editor:
Berkley (Jul 06, 2021)
Idioma: English

 As witch and vintage store owner Lily Ivory steps into her new role as leader of the Bay Area's magical community, she's faced with a mysterious death of magical proportions...

Strange things are happening in Lily Ivory's San Francisco. First, she finds a vintage mermaid costume which dates from the 1939 San Francisco's Treasure Island World's Fair – and which gives off distinctly peculiar vibrations. Next, she stumbles upon a dead man in the office of her predecessor, and as the community's new leader, she feels compelled to track down the culprit. Just when Lily thinks things can't get any stranger, a man appears claiming to be her half-brother, spouting ideas about the mystical prophecy involving San Francisco and their family...

When the dead man is linked to the mysterious mermaid costume, and then yet another victim is found on Treasure Island, Lily uncovers ties between the long-ago World’s fair and the current murders, and begins to wonder whether the killer might be hiding in plain sight. But unless Lily can figure everything out in time, there may be yet another body floating in San Francisco Bay. 

Puedes comprarlo aquí:

 

30.6.21

Xardín do Poeta

 Trabajo en proceso de un libro de Antonio García Teijeiro que estoy ilustrando, próximamente editado por Xerais.




1.6.21

Eólicos NON

 Campaña de diseño gráfico e ilustración para la lucha contra la instalación de manera invasiva de parques eólicos en el municipio de Cerdedo-Cotobade.


















 Puedes hacer uso de estas imagenes para luchar contra los eólicos, tan solo te pido que nombres mi autoría y me lo notifiques. Grazas.



23.3.21

Desmond Cole Ghost Patrol #13 The vampire ate my homework

 


Libro: Desmond Cole Ghost Patrol #13 The vampire ate my homework
Autor: Andres Miedoso
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
Editor:
Little Simon (Mar 23, 2021) 
Idioma: English
 
A vampire has been sucking everyone&;s homework dry in this thirteenth creepy adventure in the Desmond Cole Ghost Patrol series!

Kersville Elementary School has a problem: there&;s a very hungry vampire on the loose! But this creature doesn&;t thirst for blood. Instead, he&;s been eating the students&; homework! Can Desmond Cole stop the monster from turning everyone&;s work into food for thought?

With easy-to-read language and illustrations on almost every page, the Desmond Cole Ghost Patrol chapter books are perfect for emerging readers.

Puedes comprarlo aquí:

16.3.21

Raia V: Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego

Pedíronme que falase da LIX dentro da Xornada GÁLIX. Desfacendo a Raia V: Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego"

 


 

14.12.20

Originales de Anacos

 Tódalas ilustracións do #tintoubro vendidas ou agasalladas... ata eu quedei sen ela 😜!!

Grazas a tódala xente que levou un anaco da miña alma para a súa casa.
Sego a traballar na edición do libro, redebuxando e engadindo novos anacos da vida.
🥰😘