Novo proxecto...



Todo comenzou con este debuxo, daquela estaba a facer os bosquexos do libro “Mi querido extraterrestre” (que escribiu Lea Velez, un dos libros que quedou na corentena por sair a luz e que polas librarías andará) pois facendo deseños de pantasmas, tamén fixera o “casting” de Vampira de Biblioteca” ( o último libro que teño o pracer de ilustrar con Ledicia Costas, e que tiña que estar a coberta preparada tamén por aquelas datas, finais do 19... outra das novedades que pasaron o tempo na casa, supoño que ata agora) aparecidos, non mortos, mortos, chuchasangues e demáis a que se me apareceu foi esta cativa xogando cun esquelete.

A partir de ahí a cachola empezou a furar, xa tiña debuxado esqueletes, encántanme, mais esta vez a sensación era diferente, o ton mais retranqueiro e adulto das personaxes... e probei tamén cun entintado máis clásico de cruce de liñas. Ao tempo que entregaba ilustracións para o libro que se ia a editar, e cos tempos moi pillados (ao final fixen unhas 60 ilustracións), empecei a parir bocetos de personaxes calaveiros, mortos, escenas cotiás pero cos meus calacos e o mundo foi collendo forma.

Coincidíu tamén que asistía a un curso de poesía impartido por Fran Alonso, por mor dun encargo para ilustrar un libro desta disciplina, e claro, eu diso a “canción del pirata” e pouco máis. Este curso abríume un pouco o chacra da escrita e comencei a plantexar a idea de combinar (con moito respeto) a ilustración e a escrita.

A idea era, en principio, facer a descripción das esceas debuxadas tal e como as concibo en imaxe, co meu toque recargado, barroco ou paranoico no detalle e cunhas pinceladas retranqueiras e, sobre todo, fantásticas.

Ahí estaba, practicando as miñas habilidades con posts no fb cando reapareceu na miña vida o Profesor Von Villa (que non ñe mñais que o alcume que usaba para algúns xogos virtuais, o meu eu ni internete) e todo apareceu como nunha treboada de primaveira, rápido, contundente e limpando dudas e teimas...

E así naceu o proxecto, por agora sen título definitivo no que ilustraréi esceas de momentos da vida? Das miñas calaquiñas ao tempo que tentaréi facer un tratado das teorías do meu devanceiro Von Villa sobre a existencia REAL destes seres e cómo cohabitaban connosco, todo isto nun contexto histórico e con entrevistas e cartas do Profesor con personaxes reais de finais do século XIX e principios do XX, época na que Von Villa se traslada a vivir e rematar a investigación a Trabazo, na casa onde vivo, moi perto da Portalén do Seixo e onde desapareceu deixando so tras del o caderno de notas no cal se basa este tratado ilustrado que vou a escribir e ilustrar.


Comentarios