O pasado domingo tivo lugar a presentación do libro de “Anacos da Vida” de Víctor Rivas, no Café A Chan de Carballedo.
Foi un evento moi concurrido ao que acudiron multitude de veciños e amigos que quixeron formar parte do emotivo encontro, como dixo o artista: “Síntome embargado pola emoción que me produce verme rodeado da xente de Carballedo, das ganas de facer cultura e apoiar as artes no rural”.
Rivas explicou que a súa obra é a expresión gráfica do sentir polas lembrazas da súa infancia en Trabazo, das experiencias vividas en Carballedo e das imaxes que garda da súa vida rural e cotidiana no seu concello.
Comentarios