19.4.22

Desmond Cole Ghost Patrol #15 The bubble gum blod

 


Libro: Desmond Cole Ghost Patrol #15
Autor: Andres Miedoso
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
Editor:
Little Simon (Abr 19, 2022) 
Idioma: English
 
A little stick of gum leads to a lot of bubble trouble in this fifteenth creepy adventure in the Desmond Cole Ghost Patrol series!

The candy at Kersville Elementary School is usually sweet. But when a brand-new type of bubble gum gets passed around, Desmond and Andres find themselves in a very sticky situation. Because the bubble gum blob bites back!

With easy-to-read language and illustrations on almost every page, the Desmond Cole Ghost Patrol chapter books are perfect for emerging readers.
Puedes comprarlo aquí:
 

22.2.22

No xardín do poeta

 

Libro: No xardín do poeta
Autor: Antonio García Tejeiro
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
Editor: Xerais (02/2022)
Idioma: Galego
Libro ilustrado

As páxinas deste libro son a porta de entrada a un xardín de versos onde o autor, Antonio García Teijeiro, dialoga coa poesía do gran Federido García Lorca. Nese xardín marabilloso que é a obra de Lorca agroman estes poemas de formas varias e medidas diversas; poemas musicais, rítmicos, cheos de luz, lúdicos, críticos, brillantes e sobre todo vitais, pois son froito da conversa íntima entre dous poetas que aman a vida.

Podes mercar o libro en calquera libraría ou en:

7.9.21

Encargos para particulares

 Llevo un par de años sin coger encargos de particulares, solo hice un par de ellos como regalo a amistades (bodas, comuniones, logos, diseños de tattos, ex-libris, versión de personajes de mis libros, diseños para etiquetas y camisetas)

Desde la publicación de Anacos da Vida, me están llegando muchas solicitudes, lo cual me encanta y me da mucho ánimo.

Por lo que tengo decidido, a partir de octubre, que dedicaré a hacer el #inktober2021, comenzar a atender este tipo de encargos de uso personal.

En breve hare una página onde explicaré como hacer los encargos  y los precios orientativos, así como los usos permitidos de la ilustración. Por ahora, si alguién está interesado, escríbeme un email a victorrivas@victorrivas.com. (por favor, propuestas serias, si son consultas varias o información general puedes hacerlo en comentarios. Encantado te explicaré lo que necesites. Gracias.

A continuación una muestra de mis estilos de dibujo: 


Levo un par de anos sen coller encargos de particulares, so fixen un par de eles coma agasallo a amizades (Convites para bodas e comunións, logos, deseño de tattoos, ex-libris, versións de personaxes dos meus libros, deseños para etiquetas e camisolas…)
Dende a publicación de Anacos da Vida, me están a chegar moitas solicitudes, o cal me encanta e me da moito ánimo…
Por elo teño decidido, a partires de Outobro que adicarei a facer o #tintoubro2021, comenzar a atender ese tipo de encargos de uso personal.
En breve farei unha páxina onde explicarei cómo facer os encargos e prezos orientativos, así coma os usos permitidos da ilustración.
Polo de agora, se alguén está interesado, mándádeme un privado… por favor, propostas serias… se son consultas varias ou información xeral, podédesmas facer nos comentarios. Eu encantado de explicarvos o que sexa. Grazas.
 










 







5.8.21

Firmas de Anacos en A Coruña

 Moi ledo despois da sesión de dedicatorias de onte en A Coruña, todo un pracer coñecer e falar en persoa coa xente que adoito interactuar nas redes. Para min, o fb estame a traer moitos bos momentos con estes Anacos da Vida. Grazas!



 

21.7.21

Desmond Cole Ghost Patrol #14 Who wants i scream?

 


Libro: Desmond Cole Ghost Patrol #14 Who wants i scream?
Autor: Andres Miedoso
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
Editor:
Little Simon (Jul 20, 2021) 
Idioma: English
 
A haunted ice cream truck is on the loose in this fourteenth chilling adventure in the Desmond Cole Ghost Patrol series!

Summer in Kersville is like summer in a lot of other places. The sun is bright and hot. School is closed and the pool is open. And kids know to run away as fast as they can when they hear the familiar song of the ice cream truck. Because that means the I Scream Man is here for dessert!

With easy-to-read language and illustrations on almost every page, the Desmond Cole Ghost Patrol chapter books are perfect for emerging readers.

Puedes comparlo aquí:

18.7.21

Presentación Anacos da Vida en Carballedo

 

O pasado domingo tivo lugar a presentación do libro de “Anacos da Vida” de Víctor Rivas, no Café A Chan de Carballedo.

Foi un evento moi concurrido ao que acudiron multitude de veciños e amigos que quixeron formar parte do emotivo encontro, como dixo o artista: “Síntome embargado pola emoción que me produce verme rodeado da xente de Carballedo, das ganas de facer cultura e apoiar as artes no rural”.
Rivas explicou que a súa obra é a expresión gráfica do sentir polas lembrazas da súa infancia en Trabazo, das experiencias vividas en Carballedo e das imaxes que garda da súa vida rural e cotidiana no seu concello.
Na presentación participou Ana de Vilatuxe e Joam Romero, encargados de redactar os limiares da obra ilustrada "Anacos da Vida".
 
 










16.7.21

Anacos da Vida con Ana de Vilatuxe

 


Pronto saen a luz os "Anacos da Vida"...
Para ir facendo ganas, vai o limiar que me escribíu a Ana de Vilatuxe 🥰
Tempos que foi para nós sermos
Ana de Vilatuxe
Cando a vosa ollada caia sobre estes deseños, virán de volta, Anacos da vida. Anacos da vida amósamos realidades que moitas de nós vivimos ou das que oímos falar. Do mesmo xeito que Memorias dun neno labrego foi para min e para moitas un espello onde nos vimos reflectidas, estas historias contadas polas ancestras adquirirán igual significado no presente e nun futuro distante. Cóntanos o Víctor historias dun tempo que pasou, vivirámolo ou non. Un tempo que deixou pegada en nós. Somos o que somos por todo aquilo que sucedeu no transcurso da vida.
Descríbenos con detalle aquel mundo non tan afastado e, aínda así, xa case esquecido. Amósallo a quen non o viviu e fainos lembrar a quen si o fixemos; un tempo que foi para nós sermos.
Contado como o contaban as ancestras, mais el non precisa palabras para transmitilo.
Fálanos de pasado e, asemade, de futuro. Un futuro sobre o que deberiamos reflexionar. Porque volver a unha vida que nos conecte de novo co que fomos é cada vez máis urxente.
Ao pé deste lume imaxinario que foi capaz de crear o artista de Carballedo con este libro, cobran vida de novo as historias contadas á calor da lareira. E, mercé ao paso do tempo, sen remorsos e sen rodeos, con plena liberdade para falar de todo aquilo que aconteceu.
Ao ver estes deseños, acudiron a min tantas historias agochadas no fondal da memoria! Trouxéronme de volta aqueles contos de vellas que tanto custaba crer: a Santa Compaña, os meigallos, a sombra da morte, a beizón das pezoñas...
Tamén gozabamos dos que enrubecían as meixelas: os primeiros amores, aqueles amores que para algunha xente eran pecado ou estaban prohibidos, eses que sempre existiron e existirán por moito que queiran negalos. En resumo, noites de palleiro.
E os que nos facían rir ás gargalladas: o roubo da froita madura, as trasnadas dos maiores e a cativada...
Sen sermos moi conscientes, aquelas historias gardaban ensinanzas para o futuro, proporcionábannos valiosos consellos: “Vai aprendendo que eu non hei durar toda a vida!”.
Escoitade e atesourade, nun recuncho da vosa memoria, estas historias non tan afastadas, pois precisamos delas. O esquecemento nunca fixo ben a ninguén. Do bo sacaremos proveito, o ruín tentaremos non repetilo.
Val da Maía, marzo de 2021

15.7.21

Anacos da Vida con David Rubín

 


Para que fagades ganas de facervos cos "Anacos da Vida", lede o que dí David Rubín do libro. 🥰
Grazas, Deivid!!!!
Un cosmos a pé de rúa (o futuro entre leiras)
de David Rubín
Lembro perfectamente o día que coñecín a Víctor Rivas, hai xa vinte anos, nunha coñecida rúa compostelá.
El xa era un profesional con traxectoria nestas lides do debuxo, a ilustración e a BD, eu, un rapaz que apenas comezaba a abrirse camiño neses mundos a forza de erros e teimosía. E malia esas diferenzas, cando chocamos as mans por vez primeira aquela tarde en Compostela, a sensación foi a de atopar, tras moito rebuscar, a peza que faltaba para completar a imaxe dun quebracabeza, a alegría de reencontrarte con unha persoa querida, alguén en que confías plenamente nada máis coñecelo, coma se o destino dispuxese todo o Cosmos dun xeito máxico para que o debuxante cunha traxectoria consolidada e o rapaz que loitaba por ser debuxante se atopasen.
Esa sensación estraña e agarimosa, ese déjà vu que fai que te sintas como unha persoa próxima, coñecida —algo que nunca experimentara—, foi o que sentín ao chocar as mans con Víctor por vez primeira, e renovo esa sensación cada vez que lle boto un ollo a súa obra.
Víctor é unha túrmix creativa; no seu traballo recóllense infinitas tradicións e xeitos de entender e aplicar o grafismo, de contar historias mediante debuxos nos que se mesturan a escola da BD francobelga co manga, o gravado decimonónico e o folletín coa síntese máis moderna e de vangarda, a enerxía do cartoon norteamericano con recursos propios da tradición gráfica e retranqueira galega máis auténtica, Víctor é un crisol gráfico no que cabe de todo, un prestidixitador que sabe usar con mestría unha infinidade de estilos sen perder en ningún momento a súa personalidade, a súa voz.
É indiferente a técnica ou estilo que use para dar vida a un traballo determinado, para contar as historias que quere ou lle toca contar, sempre se albisca, por riba de calquera outra cousa, a Víctor, a súa voz, o seu xeito de ver e entender o mundo.
A serie de ilustracións —que para min son máis BD que ilustracións en si mes- mas, xa que están cheas de ritmo e narrativa— que este libro contén é unha clara mostra de todo o que acabo de dicir:
Nestas estampas rurais, netamente galegas, Víctor sabe mesturar en perfecta harmonía unhas xenerosas doses do seu admirado Yves Chaland, mestre da BD francobelga, co grolo xusto da vertente máis retranqueira e gráfica de Castelao, aderezando a mestura cunhas pingas do Peter Arno máis sintético, intelixente e mordaz do semanario The New Yorker, todo iso remexido con mestría, personalidade e, por riba de todo, honestidade, dando lugar a un cóctel soberbio e equilibrado no que relata escenas dun rural que semellan do pasado, que Víctor nos trae ao presente con sabedoría, chegando mesmo a vaticinar certos futuros posibles sobre a nosa terra e sobre nós mesmos.
Non é unha tarefa sinxela, posiblemente tampouco agradecida, pero, sen dúbida ningunha, é valente e honesta, como o trazo e a mirada de Víctor; é, ó meu parecer, certeira.
Vinte anos xa daquel chocar de mans e risos nunha empedrada rúa compostelá, e Víctor e o seu traballo parécenme aínda máis novos, máis fortes e enérxicos agora que antes, con toda a mestría que outorgan décadas de dedicación exclusiva ao debuxo, de entender e facerse entender a través desta disciplina artística e, sobre todo de vivir, porque para contar como Víctor conta os anacos de vida que compoñen esta obra, precísase sobre todo observar, desfrutar, recordar e experimentar a vida e as vidas que nos rodean, a partir das cales contruímos nós a nosa, como sistemas solares dentro de galaxias, e a visión e o trazo de Víctor Rivas son aquí o buraco negro no seu centro que os fai xirar, mesturarse, vivir.
É todo un cosmos, galego e universal, o que recolle e constrúe Víctor nestas viñetas.
Desfrutemos do paseo a través delas, e non perdamos de vista este libro, talvez dentro de vinte anos siga a mostrarnos camiños que percorrer e maneiras de entender a vida, a terra, e mais a nós mesmos... con humor e sabedoría, do mesmo xeito que o vén facendo comigo dende aquela tarde que nos presentaron na Rúa do Vilar de Compostela ata hoxe.
No exilio madrileño, a seis de abril de 2021, un ano despois da fin do Mundo